|
Do 18 ao 23 de Agosto PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra] Profesor superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Colaborador de distintas formacións galegas (Quinta feira, Blanco, Oscar Ibáñez&Tribo, Fanjazz, Alberto Conde...). Actualmente combina o traballo como profesor de ensino secundario na especialidade de música co de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra).
Roberto Somoza [saxofón e frauta] Primeiro premio no Festival Xacobeo Pop Rock (1994). Traballa con distintas formacións: "Atlantic band" (Fernando Llorca), a Big band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña (formacións coas que grava sendos discos), dúo con Nani García, Uxía, João Afonso, Trío Jazzers, Susana Seivane, Alberto Conde. Forma parte do grupo Clunia Jazz. Ten gravado dous discos co seu grupo Roberto Somoza Trío: “ Regra de tres “ “ Tempos de cambio “. Profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña na Especialidade de Jazz. Vicepresidente da Asociación Galega de Música Jazz (AGAMUJAZZ).
Charlie Moreno [ baixo eléctrico ] Estivo becado na Berklee School of Music. Actualmente é profesor de baixo e músico profesional. Recibiu aulas dos baixistas: Victor Wooten, Richard Bona, Victor Bailey... Participou, como artista invitado, na homenaxe a Jaco no 2003. Windmill produce o modelo Windforce asinado por Charlie Moreno e deseñado seguindo as súas especificacións. No 2005 edita o seu primeiro traballo en solitario: "So Lonely". Andreas Prittwitz produtor, Charlie Moreno coproduce xunto a Mariano Díaz pianista e técnico de son. Formou parte do grupo Reunión '06 con Check Loeb guitarra, Eric Marienthal saxo, Anthony Jackson baixo, Jim Beard teclado, Josh Dion batería e Till Bröenner trompeta. Foi coordinador dos seminarios e aulas maestras organizados polo festival internacional Canarias Jazz.
Celia Mur (Voz) Alumna da soprano lírica Maryan Bryfdir durante seis anos no Centro de Arte Lírico de Granada. Superou as probas de canto de 5º grado da Associated Board of The Royal Schools of Music do Reino Unido Celia Mur e unha das cantantes de jazz mais interesantes da xeración actual en España. Seu primeiro disco , "Footprints", deixou un grato recordo cando os afecioados ao jazz comprobaron a calidade do seu canto improvisado á maneira habitual do scat. Seu segundo disco "Las flores de mi vida" (Satchmo record 2003) e un percorrido intimista por aquelas cancions que ao longo da sua vida significaron algo para ela e cantadas en clave de jazz.
Joshua Edelman (Piano) Ten participado en numerosos seminarios, producions e xiras internacionales. Gracias ao éxito dos seus últimos discos Antonio Serrano & Joshua Edelman Trío en el Central (2000), Conexiones (2001) y Fusión de almas (2003), Edelman goza dun recoñecido prestixio dentro do panorama musical español. Dende 1976 tivo a oportunidade de traballar con numerosos músicos e artistas, entre os que se encontran: David Schnitter, Chuck Israels, Abdu Salim, Donna Hightower, Ira and Claudia Thomas, Roberto Blades, Juan Pablo Torres, Bebo Valdés, Paquito D´Rivera, Pedro Iturralde, Perico Sambeat, Antonio Serrano, Jorge Pardo, José Antonio Galicia, Javier Colina, y Mario Rossy. Excelente pedagogo e bon comunicador, Edelman suma a sua completa formación e experiencia unha grande inquietude de renovación que sabe proxectar e transmitir na sua faceta docente.
Noli Torres (Batería) Foi alumno do CEMM (Centro de Estudios de Música Moderna) antes de ingresar no Conservatorio de Música de Pontevedra. Durante o ano 1989 recibiu clases particulares de Fernando Llorca e desprazouse a Madrid en 1990 para estudiar na EMC (Escuela de Música Creativa) e máis no Taller de Jazz con profesores como Guillermo Mc Gill, Carlos Carli, Vicente Climent, Alfonso Carrascosa, Juan Sanmartín, Manolo Sánchez ou Joaquin Chacom. Ó longo da súa carreira participou en agrupacións moi diversas e tocou con músicos recoñecidos como Peter Delfinich, Abelardo Rábade ou Roberto Somoza. No ano 2007 publicou o seu último CD con VI-GOP QUARTET titulado “Live”.
Miguel Angel Rodríguez [coordinador] Licenciado en Filosofía e CC da Educación especialidade Sicoloxía Clínica (Santiago de Compostela). Profesor Superior de saxofón (Conservatorio de Sta. Cruz de Tenerife ). Director do coro "Cántigas e Agarimos" (Compostela). Profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band "Tejina", coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra "División Musical"do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco "Rock no ensino público".
|